Difícil e complicada solución (II)

oxe en día estamos a escoitar por diferentes medios, que a prostitución é un oficio como outro calquera e incluso que as prostitutas, a gran maioría se prostitúen voluntariamente. Incluso hai “informes” que intentan pasar por rigorosos, no que as suxeitos en cuestión, contestan a determinadas preguntas, dicindo que se prostitúen libremente porque gañan bos cartos e deste xeito, poden consumir máis o que con outro traballo, non conseguirían. Incluso falan de que é como un xogo, nunha etapa concreta da súa vida. A realidade en primeiro lugar é que, estes estudos que un pode encontrar na rede, deixan moito de desexar no aspecto de rigor, xa que a mostra que tomase para facer o estudo é mínima e centrada toda na mesma area. Ademais sería bo coñecer quen paga este tipo de estudos. En segundo lugar, é que unha persoa que necesita prostituírse para alcanzar certo nivel de consumo, ata que punto é libre e non unha escrava da sociedade de consumo, aínda que non sexa forzada por proxenetas. Porque a realidade é que, as mulleres que se prostitúen na súa maioría, o fan ben por adición a determinadas sustancias, migrantes enganadas e explotadas sexualmente, por pobreza ou simplemente porque é a única posibilidade que lle brinda o sistema, para poder sobrevivir. É indubidábel, que unha muller que vende o seu corpo, que o expón como unha mercadoría máis, que ten que aguantar os desexos do cliente para satisfacelo, como pode ser este un oficio digno e a prostituta ser dignificada na sociedade. É indubidábel, que legalizando a prostitución, o que se dignifica é o negocio e aos negociantes. É dicir aos locais de prostitución e aos proxenetas, que pasan a ser honrados homes de negocios. O dito popular, de que a prostitución é o oficio máis antigo do mundo, é unha falacia. A prostitución con certeza, é a forma mais antiga de opresión dos homes contra as mulleres. Tamén é necesario entender, que a prostitución é un chanzo máis dentro da gran industria do sexo de pago. Desde bordeis, saunas, cabinas eróticas, teléfonos eróticos, películas, prostitución na rúa etcétera, conforman un gran mercado do sexo de pago, que o que nos mostra é, a enorme demanda desta industria sexual.
Con certeza acabar coa prostitución é un tema moi complexo, onde a educación desde idades temperas no que se ensine, que os homes non nacemos co privilexio de ter o sexo asegurado, xunto con un cambio radical da sociedade, acabando co patriarcado o cal, ten na prostitución un dos seus piares, onde o reparto da riqueza se distribúa equitativamente e onde a felicidade non se mida, pola capacidade de consumo, onde as relacións entre os países que conforman o planeta sexan de tu a tu etcétera, será a única posibilidade de que a prostitución sexa algo anecdótico.

Difícil e complicada solución (II)

Te puede interesar