Esta expresión, empregámola os galegos e as galegas sobre todo cando nunha conversa saen a relucir serpes e mesmo cobras. É como dicir ¡meigas fora! ou ¡arrenegote demo! pra quitarlle ferro pois cobras e serpes non teñen moi boa prensa en xeral na nosa terra.
Non podo entender, nin aturar, o que está a ocorrer en Ferrol dende hai xa máis de unha semana. Tampouco que alguén poida ter na casa como mascota unha serpe de dous metros. É ben certo aquelo que dicía un toureiro de sona. “Hay gente para todo”. A min non é so que non me gusten estes animais que se arrastran pola terra, sería mais exacto dicir que padezo ofidiofobia, algo xenético e asaz común.
O caso é que moitos en Ferrol andamos preocupados, máis ben angustiados coa desaparición dunha bicha, co medo de que en calquera momento apareza na casa, sendo o escusado un dos sitios máis probables.
Tampouco entendo, nin estou de acordo cos comentarios do xornal nin con as actuacións e recomendacións das autoridades competentes na busca, e supoño que captura, da serpe. Unha boa constritor albina neste caso, cos seus dous metros de longo é, por moitas voltas que lle dean, un animal potencialmente perigoso, soamente pola sua presencia, pola súa mordedura e pola súa propensión a matar as súas vítimas por constrición.
Do dono non sei que dicir porque sigo sen entender nada. Seica está desaparecido, disque de vacacións e que non se pode entrar na súa casa sen o seu permiso, a pesares de que o caso está creando un gran desacougo e inquietude na cidade é dicir, alarma social.. Si tan seguro está de que o animal está na súa casa, a pregunta e tan inevitábel como espontánea. ¿por que denunciou a desaparición?
Outra pregunta obrigada é: ¿que vai pasar cando apareza?.
Si non aparece o problema agravase sobre todo se temos en conta que pode pasar varios meses sen comer.
Pois iso, ¡Lagarto, Lagarto!
Unha semana despois:
¿Xa apareceu!. Na casa como dicía o seu dono. Hai mais dunha semana e dende entón non se volveu a falar dela. Morreu o conto, semella que aquí non pasou nada, sen embargo a inquietude e as preocupacións da xente aí quedan e persistirán durante moito tempo.
Non se entende que sexa lícito ter na casa un animal de sangue fría, imprevisible e viscoso arrastrándose polo chan que, por riba, precisa dun hábitat e dunha alimentación especial, un animal que tanto rexeitamento produce na maioría da xente da nosa cultura, ao mesmo tempo que está prohibido ter na casa un inocente xílgaro, baixo multas e penas incluso de cárcere. ¡Cousas veredes!
E