estes tempos de hexemonía neoliberal e de auxe da economía de mercado todo se mide dende o rasero económico, as relacións humanas se mercantilizan e predomina o individualismo salvaxe , o beneficio económico e as ganancias das grandes trasnacionais por riba da vida humana, dos dereitos humanos, da solidariedade internacionalista, da xustiza social e do medioambiente. Predomina a financiarización da economía, o predominio do mundo das finanzas e o individual sobre o colectivo nun pensamento único imposto como se non houbera alternativa
As democracias vacíanse de contido, os dereitos quedan reducidos a ser meras mercancías e a obxetos de consumo exemplo de sociedade de mercado na que tendrán dereitos que poida pagalos, predominando o privado sobre o público.
Os Estados quedan reducidos a mínima expresión pra ter menos Estado e máis mercado e pra acabar co papel regulador dos estados pra contribuir a acabar coas desigualdades sociais
O obxetivo e pasar dunha economía de mercado a unha sociedade de mercado onde se privatizan salvaxemente os servizos públicos , o poder político está subordinado o poder económico, mandan as grandes trasnacionais e quenes non se presentan as eleccións democráticas( grandes empresas, oligarquías financieiras, élites económicas), a cidadanía e os dereitos son percibidos como meras mercancías intercambiables, as organizacións políticas socialdemócratas ou supostamente de esquerdas non son tales se han convertido en productos de consumo e de márketing e han derivado en social liberalismo, os medios de comunicación son meros altavoces e correas de transmisión dos intereses da banca, das grandes empresas e das élites financieiras e interesa conformar unha cidadanía apática, manipulábel, insolidaria, consumista e empresaria de si mesma e competindo continuamente e constantemente entre ela nun salvaxe darwinismo social. Unha sociedade neoliberal baseada nunha economía de mercado precisa conformar persoas neoliberais, profundamente individualistas,capitalistas consumistas, mercantilistas, utilitaristas, narcisistas, egocéntricas caldo de cultivo dun perigoso fascismo social. O neoliberalismo non é so un proxecto económico senon cultural, político, social o servizo dos intereses de clase dunha minoría privilexiada (loita de clases) senon que é tamén un proxecto profundamente imperialista pra facer impoňer os intereses económicos, xeoestratéxicos, políticos, mediáticos, militares, empresariais e de clase dunhas nacións sobre outras e pra someter non so a unha clase social sobre outra senon unhas nacións sobre outras( imperialismo puro e duro).
O neoliberalismo ha colonizado todo dende as mentes ata todos os lugares de socialización, se ha convertido nun sentido común nun mundo onde cada día increméntanse máis e máis as desigualdades sociais por decisións políticas e o poder e a riqueza concéntranse cada vez en menos manos O neoliberalismo que é a ideoloxía do capital extende os seus tentáculos non so a intelectuais orgánicos o seu servizo (xornalistas, tertulianos, dirixentes políticos) senón tamén os medios de comunicación de masas, a universidade, as escolas, as institucións públicas, as administracións, as organizacións políticas supostamente de esquerdas( exemplo os partidos socialdemócratas), as organizacións sindicais supostamente de clase traballadora, a prensa escrita, programas de TV, da radio, xornais, revistas, redes sociais.