Terremotos e guerras, resignación e solidaridade

Cor se foran poucas as desgracias que asolan ó mundo aí temos o terremoto de Turquía e Siria. É incontable o número de mortos. En ocasións como esta, non podo evitar facerme certas preguntas. Non é a miña intención ser irreverente pero onde estaba Deus cando se produzo o deslizamento das capas tectónicas. Fai falta moita fe para asimilar aquelo da existencia dun ser infinitamente bo, sabio, xusto e poderoso.
 

Cidades enteiras arrasadas, reducidas a escombros en cuestión de segundos, deixando debaixo deles miles de seres, homes, mulleres e nenos sen esquecer o resto de seres vivos, árbores e plantas, que tamén contan, aos que espera unha morte certa. A desolación é total, non pode haber consolo, so resignación.. A humanidade tardará anos en recuperarse desta desfeita. O que fai falta é solidariedade entre tódolos países con axudas aos superviventes tanto morais como económicas.
 

Cegado ata aquí, quero facer a seguinte reflexión: Penso que esta situación que estamos a vivir é un tempo propicio para que o home, a humanidade, faga un análise introspectivo na procura dunha solución ás guerras que o asolan, seica preto de cen nestes intres, adicando os cartos e demais medios á reconstrución. Para empezar eu avogo dende aquí por un alto o fogo en Ucraína e en tódalas outras guerras espalladas polo mundo.
 

A humanidade está ameazada, cada dia máis por unha guerra China- EEUU que sería a nai de todas as guerras, con moitas probabilidades de ser a derradeira. É a crónica dunha morte anunciada a que, rizando o rizo do absurdo xa se lle está a poñer data. O que ninguén se atreve a aventurar ata de agora, e canto tempo vai durar. Dado o potencial de armamento das nacións podería ser cousa de poucos días. Aínda estamos a tempo de evitala.
 

Así que señores que gobernades o mundo, os que tedes as grandes responsabilidades, deixen de xogar con globos, que os carga o demo, cheguen a un acordo e amañen esta situación. É necesario e urxente. Pensen nos contras, os pros non existen porque as guerras non teñen gañadores, todas son perdas. A solución está no entendemento e a solidariedade aplicados con carácter preventivo, antes de que se produza o desastre. De calquera xeito é necesario un cambio de mentalidade nas novas xeracións. É unha cuestión de supervivencia.
 

A Armada Española, á que tiven a honra de pertencer durante moitos anos, ten destacados varios dos seus barcos máis sobranceiros nas costas de Turquía e de Siria ocupados en labores humanitarias. Pola parte que me toca, éncheme de orgullo esta decisión do noso goberno.
 

Dende aquí desexo as dotacións moito éxito na súa solidaria misión.

Terremotos e guerras, resignación e solidaridade

Te puede interesar