Ortigueira prepara a celebración do seu concurso de tapas para o mes de outubro

Ortigueira prepara a celebración do seu concurso de tapas para o mes de outubro
Distintos concellos celebran concursos de tapas ao longo do ano

Ortigueira a bocados” é o nome do concurso da tapas que o Concello prepara xa para o vindeiro mes de outubro.


Trátase da segunda edición do certamen que terá lugar os días 11, 12 y 13 de octubre de 2024. Esta iniciativa busca potenciar a gastronomía local, dinamizar o sector hosteleiro e fomentar o turismo, promovendo a desestacionalización da chegada de visitantes na comarca.


A participación está aberta a todos os establecementos hosteleiros de todo o municipio, sin importar a súa categoría, que queiran poñer en valor a súa cociña a través de tapas innovadoras e con produtos locais. 
Cada establecemento participante presentará unha tapa, doce ou salgada, que deberá contar entre os seus ingredientes con produtos autóctonos, destacando a riqueza e calidade da despensa local.


As tapas serviranse durante tres días, cun prezo de tres euros por tapa, e poderán gozarse de venres a sábado de 13:00 a 15:00 horas e de 20:00 a 21:30 horas, e o domingo de 13:00 a 15:00 horas.


A concelleira de Turismo, Isabel Rego, destaca que este evento é unha oportunidade única para que os hosteleiros “muestren su creatividad y para que los visitantes puedan redescubrir Ortigueira a través de su variada oferta culinaria”, explicou a edila. 

Ortigueira prepara a celebración do seu concurso de tapas para o mes de outubro

Te puede interesar