Premio para o cineasta Alberto Gracia en Rotterdam

O cineasta ferrolán Alberto Gracia obtivo o Premio da Crítica do Festival Internacional de Cine de Rotterdam coa obra “O quinto evanxeo de Gaspar Hauser”. Precisamente foi neste festival onde estreou, a semana pasada, a que é a súa primeira longametraxe.

Gracia estudou Belas Artes na Universidade de Vigo e o seu traballo inclúe a pintura, o debuxo, as performances, vídeos e instalacións. A súa primeira incursión na curtametraxe foi “Microfugas”, en 2008. Ademais, escribiu o libro “Microfugas, teoría y juego de la profanación”, no que cuestiona a realidade na arte contemporánea.

“O quinto evanxeo de Gaspar Hauser”, rodada en 16 milímetros e en branco e negro, ten como eixe a historia dun neno alemán que, no século XIX, medrou ata os 16 anos en catividade, en silencio e ás escuras. No traballo de Gracia, tal e como o explican na propia web do Festival Internacional de Rotterdam (un dos cinco máis importantes de Europa), vense impresións da súa vida e do seu “proceso civilizador”. A obra divídese en sete capítulos.

 

Premio para o cineasta Alberto Gracia en Rotterdam

Te puede interesar