O recito feiral do Trece, na parroquia naronesa de Sedes acolleu onte unha nova edición, a décima, da Feira Multisectorial Agrícola que organiza el Concello local.
O evento congregou a Medio cento de postos de venda de difrentes produtos, que permanecerán abertos ao público desde as once de mañá ata as 14.00 horas e tamén pola tarde, desde as 16.00 ata as 20.00 horas. Como noutras ocasións a entrada ao recinto é de balde e as persoas que visiten a feira recibirán unha rifa coa que poderán participar nun sorteo de agasallos que se fará tanto pola mañá como pola tarde. Onte xa se repartiron os primeiros premios entre os asistentes á celebración.
Nos diferentes stands que se dispuxeron no recinto feiral do Trece hai produtos ecolóxicos, artesáns, antigüidades, plantas ornamentais e da horta, artigos elaborados en coiro, embutidos ou xoguetes tradicionais, entre outras opcións. Como noutros anos non faltan tampouco na Feira Multisectorial Agrícola os postos de venda de produtos gastronómicos, para que os que así o desexen podan comer sen saír do recito feiral nos puntos de venda de polbo, churrasco ou bolos preñados, entre outros.
Un dos espazos que recibe moreas de visitas cada ano é a exposición de maquinaria agrícola, de xardinería e forestal, onde se presentan as novidades do sector con demostracións.
Os nenos tamén terán a oportunidade de xogar nos espazos habilitados para eles de corte didáctico e lúdico e tamén nos obradoiros dirixidos ao público de menor idade.