Seica o Partido Popular anda bastante desnortado, despois do ridículo resultado “colleitado” nas últimas eleccións. E nembargante, a cousa víase vir dende xa hai tempo, porque todas as falcatruadas económicas cometidas, habíanlle de pasar factura. Agora falan de cambiar de casa, mais non parece que a solución dos seus problemas pase por unha mudanza, se non que, o que necesita e un “cambiazo”; é dicir, un cambio total. Teñen que cambiar o xeito de facer política de partido, sen buscar os votos a cambio de bocadillos, facendo falsas promesas, con “enchufes” e toda clase de recursos chapuceiros, porque eses votos non son de fiar. Teñen que revisar a súa ideoloxía e poñela acorde cos tempos actuais e buscar novos e xoves dirixentes, de conducta sen tachas e, tratar de ir crecendo aos poucos, sen pretender coller o ceo coas mans en catro días. Sírvalles de exemplo o que lles pasou aos que se estrelaron por correr demais. Iso sería bo para o Partido, pero tamén para España, que precisa dunha política equilibrada, lonxe de oportunistas, sen falsos patriotismos nin nostálxicos franquistas. Porque é bo, que sempre haxa un contrapeso forte na balanza. Penso eu, claro.