Fascismo, nunca máis

o pasado 30 de xullo do 2018 fixen unha pequena intervención como público no pleno municipal de Ferrol pra apoiar a moción do grupo municipal do BNG e pra dicir alto e claro: Fascismo, nunca máis.
Na miña pequena intervención dixen alto e claro que en Ferrol os e as demócratas NON queremos e NON imos a permitir de ningunha maneira que traian os restos do asesino e xenocida ditador fascista Francisco Franco, un dos maiores xenocidas do mundo, que en Ferrol os e as demócratas queremos a retirada inmediata de toda a simboloxía franquista da nosa cidade  e verdade, memoria, xustiza e reparación pra todas as vítimas do franquismo.
A ditadura fascista do dictador Francisco Franco foi un réxime de terror, un auténtico xenocidio contra o pobo traballador e o movimento obreiro, unha ditadura de clase, criminal que implantou unha salvaxe dictadura fascista no Estado español durante 40 anos .
Esta ditadura fascista veu precedida por un infame golpe de estado fascista contra o goberno lexítimo e democrático da República saído das urnas e este golpe de estado fascista foi alentado, promovido, auspiciado e orquestado polas elites económicas, pola oligarquía española e pola xerarquía da igrexa católica (Nacional Catolicismo) que levou baixo palio o dictador Francisco Franco pra seguir defendendo e mantendo os seus privilexios e intereses de clase.
A ditadura fascista de Francisco Franco torturou, asasinou, fusilou, encarcelou, represaliou, condeou o exilio e enterrou nas cunetas a milleiros de homes e mulleres demócratas e loitadores pola liberdade e fronte o fascismo tanto socialistas, como nacionalistas, independentistas, comunistas, anarquistas, libertarios, feministas, mestres/as, sindicalistas, etc., etc.
En pleno século XXI e no ano 2018 todavía hai mais de 114.000 demócratas enterrados vergoñentamente nas cunetas e en fosas comúns e o fascismo sigue estando impune.
Hoxe é máis necesario que nunca dignificar ás vítimas do franquismo, ilegalizar a fundación fascista Francisco Franco por apoloxía do franquismo, investigar todos os crímenes do franquismo pra que non queden impunes  e levar ante a xustiza a todas as persoas responsables dos crímenes do franquismo e torturadoras e colaboradoras coa dictadura franquista como Billy el Niño, el muñecas, etc.
Tamén é fundamental a devolución inmediata ao pobo galego do Pazo de Meirás que foi un expolio e un roubo do dictador Francisco Franco ó pobo galego.Dende eiqui toda a miña solidariedade con #19deMeiras.
Na miña intervención no pleno municipal de Ferrol pra apoiar a xusta e democrática moción do BNG lembrei que Ferrol é unha cidade rebelde, de longa traxectoria de loitas sociais das mulleres como a Revolta das Pedradas e de loitas do movimento obreiro e a cidade onde naceron Pablo Iglesias Posse, Concepción Arenal, Ricardo Carvalho Calero, as mulleres de Marzo do 72 e a cidade onde asasinaron a policía franquista española a Daniel Niebla, a Amador Rey e  ao  militante da UPG, nacionalista galego, comunista e loitador antifranquista e na defensa da democracia, das liberdades, do pobo traballador galego e dos dereitos nacionais da Galicia Moncho Reboiras Noia.
Xa por último pra rematar agradecer o BNG que haxan pensado en mín pra defender a súa democratica moción, lembrar que pra ser demócrata hai que ser antifascista.
Verdade, memoria, xustiza e reparación pra todas as víctimas do franquismo.
Fascismo, nunca máis.

Fascismo, nunca máis

Te puede interesar