O trío de jazz Sumrrá ofrecerá mañá no Jofre o último concerto do aclamado disco “6 mulleres”

O trío de jazz Sumrrá ofrecerá mañá no Jofre o último concerto do aclamado disco “6 mulleres”
Imaxe dos compoñentes do trío Sumrrá que mañá actúa no Jofre

A programación cultural de Ferrol continuará mañá sábado con concerto do trío “máis internacional” do jazz galego. Sumrrá elixe así a cidade naval para ofrecer o que será o último concerto do aclamado disco “6 mulleres”, traballo no que a formación rende tributo a seis salientables figuras femininas que “foron e aínda son fonte de inspiración na loita dun futuro mellor para toda a humanidade”, como son Frida Kahlo e Rosa Parks, de América; a galega Rosalía de Castro; Qiu Jin, de China; Malala Yousafsai, de Pakistán; e Nawal El-Saadawi, de Exipto.


O disco supón así unha achega á loita feminista desde a música contemporánea do século XXI da man deste trío formado por Manuel Gutiérrez ao piano, Xacobe Martínez ao contrabaixo e Lar Legido á batería. O concerto terá lugar ás 20.00 horas no teatro Jofre e as entradas poden adquirirse por seis euros. 

O trío de jazz Sumrrá ofrecerá mañá no Jofre o último concerto do aclamado disco “6 mulleres”

Te puede interesar