Sogama promove a campaña “A túa comida ten algo que dicirche” para reducir o desperdicio alimentario

Sogama promove a campaña “A túa comida ten algo que dicirche” para reducir o desperdicio alimentario

Sogama, co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, lanza, no marco do Día Mundial do Medio Ambiente, unha nova campaña que, baixo o lema “A túa comida ten algo que dicirche”, ten por obxecto contribuír a reducir o desperdicio alimentario.


Os datos evidencian un problema que cada vez vai a máis e a necesidade de poñer freo. Un terzo dos alimentos que se producen no mundo para o consumo humano desperdícianse; unha porcentaxe que, no caso de España, tradúcese en 7,7 millóns de toneladas, posicionándose como o sétimo país da Unión Europea que máis comida refuga. O 70% dos españois asegura comprar máis alimentos dos que realmente precisa e o 18% dos adquiridos van directos ao lixo sen preparar.


Frigo 1 22263966



Anualmente son 175 kilogramos de comida desperdiciada por habitante, co gran custo económico e ambiental que isto supón. De feito, precísanse 130 litros de auga ao día por persoa só para producir a comida que refugamos, coa particularidade de que o custo do desperdicio alimentario do planeta equivale ao PIB de Suíza. Así mesmo, reducindo a cantidade de comida refugada, tamén se minimizan as emisións de gases de efecto invernadoiro á atmosfera.


Se ben o desperdicio alimentario ten lugar en todos os elos da cadea (fase de colleita, recollida, transporte, comercialización e consumo), só os fogares son os responsables do 42% da comida refugada.


Mesa 3 22272034



Con todos os alimentos que se desperdician en Europa, poderíase dar de comer a 200 millóns de persoas. Non obstante, e facendo unha análise máis profunda, é preciso tomar conciencia de que, cando se tira un alimento, tamén se tira todo o traballo e gasto, tanto económico como de recursos, que supuxo a súa produción (o esforzo dos agricultores, as sementes, o combustible, a auga e a enerxía, entre outros aspectos). O mesmo acontece con aqueles produtos que se descartan do circuíto comercial porque non cumpren cos canons estéticos predeterminados, é dicir, os denominados alimentos “feos”, malia que a súa calidade e valor nutritivo son exactamente iguais que os dos “guapos”.


Os alimentos alzan a voz

“A túa comida ten algo que dicirche” é unha campaña que está conformada por unha serie de pezas divulgativas a través das cales se pretende dar a coñecer esta problemática aos cidadáns, sensibilizalos para poder atallala e alentalos a que articulen os mecanismos necesarios para diminuír a cantidade de comida que cada día acaba no cubo do lixo. Con tal fin, deuse voz aos propios alimentos a través da personificación dos mesmos, sendo os verdadeiros protagonistas desta iniciativa. Falan, maniféstanse e defenden os seus dereitos para ser aproveitados e reutilizados, xa que ningún quere ser refugado. Consideran que todos poden dar o mellor de si, polo que piden que, antes de ser refugallos, se lles dea outra oportunidade.


Un terzo dos alimentos que se producen no mundo para o consumo humano desperdícianse


Así as cousas, e coa pretensión de que a mensaxe chegue a distintos públicos, a campaña está conformada por un vídeo de 1 minuto de duración, 5 microvídeos de 20 segundos, banners e unha serie de soportes didácticos a través de diversos formatos: un calendario de alimentos de tempada (froitas, verduras e peixes), consellos para reducir o desperdicio alimentario, guía de boas prácticas para facer a compra e conservar os produtos, planificación dos menús e compra semanal, tempos de conservación no frigorífico e receitarios descargables, entre os que figura o propio de Sogama “Para repañar ou prato”, no que se recollen suculentos menús elaborados integramente a partir de sobras de comidas. 

Sogama promove a campaña “A túa comida ten algo que dicirche” para reducir o desperdicio alimentario

Te puede interesar