A reciclaxe artística, eixo do proxecto europeo no que participa o IES de Catabois

A reciclaxe artística, eixo do proxecto europeo no que participa o IES de Catabois
As alumnas e profesoras, xunto a familiares, o domingo momentos antes de partir rumbo a Croacia | daniel alexandre

A creación de obras artísticas a partir de materiais de refugallo convértese no eixo sobre o que xira o proxecto de intercambio escolar Erasmus no que participa o IES de Catabois. O programa, iniciado o pasado curso pola profesora Carmen Torres –que agora xa non está no centro– permite ao alumnado entrar en contacto con estudantes dos outros cinco países participantes: Polonia, Grecia, Turquía, Portugal e Croacia. Na capital deste último, en Zagreb, ten durante esta semana un encontro entre representantes de cada un dos socios.


Experiencias


Por parte do centro ferrolán viaxaron nesta primeira mobilidade catro alumnas e dúas profesoras. Alí terán oportunidade de compartir experiencias cos demais compañeiros, así como de poñer en práctica as súas competencias lingüísticas en inglés e coñecer o traballo que cada un está a desenvoler no marco da actividade. No instituto ferrolán, que o ano pasado realizou propostas centradas fundamentalmente na reciclaxe do vidro, están a elaborar desta volta unha versión das “meninas”, decoradas con obxectos como tapóns e outros materiais de reciclaxe. No programa europeo está implicado alumnado desde 2º de ESO. Tras esta primeira viaxe, están previstas dúas mobilidades máis para este curso. O instituto ferrolán solicitará ademais poder prolongar o proxecto o curso que vén, dado que a pandemia limitou moito as actividades do pasado exercicio académico. 

A reciclaxe artística, eixo do proxecto europeo no que participa o IES de Catabois

Te puede interesar