Soldo

se chegasen a bo porto as xestións que está a desenvolver a Ministra de Traballo, no tema da reforma laboral e no do soldo mínimo, sería un éxito poder equiparar os soldos dos “currantes” españois cos dos outros países europeos, aínda que falta moito para poder chegar a uns niveis de ocupación, semellantes aos dos principais países da comunidade. De calquera xeito, non se pode negar que hai algúns avances que se están a realizar con moito esforzo, pois non é doado convencer á clase empresarial para que ceda unha pequena parte dos seus beneficios. Hai que lembrar que hai pouco tempo, as aspiracións de moitos traballadores concretábanse en poder entrar a formar parte da clase dos afortunados “mileuristas”, mais agora está ben claro que, ese tope non se corresponde coas necesidades actuais e por iso é imprescindible forzar as negociacións para acadar acordos que permitan actualizar os soldos, aumentando ademais, a creación de emprego, cuestión esta última, na que non estamos suficientemente adiantados. Seica este goberno está demostrando que, con firmeza, pero con moito diálogo e boas maneiras, hai moito que conseguir. Iso coido eu, aínda que os “catastrofistas”, os do “canto peor, mellor”, opinan o contrario.

Soldo

Te puede interesar