Repichoca de Resurrección organizada por Cuerda Floja para este domingo

O establecemento propón realizar unha foliada mensual
Repichoca de Resurrección organizada por Cuerda Floja para este domingo
Un instante na primeira foliada que se organizou dende o propio local | JORGE MEIS

Un dos establecementos de hostalaría que destacan na cidade de Ferrol por complementar os seus servizos con oferta cultural é o Cuerda Floja. Neste espazo da rúa Espartero, que o ano pasado comezou a tradición de convocar foliadas, volverá a vivirse un destes encontros populares que só teñen sentido coa participación do público.

 

Por este motivo, dende a organización animan a achegarse cos seus intrumentos ou con ganas de troula este domingo, a partir das 19.00 horas, para ser protagonistas dunha Repichoca de Resurrección, tal como denominaron a cita.

Repichoca de Resurrección organizada por Cuerda Floja para este domingo

Te puede interesar