O Sergas incorporará á historia clínica os determinantes sociais

O obxectivo desta medida consiste en avaliar o impacto que estes factores teñen na saúde da poboación
O Sergas incorporará á historia clínica os determinantes sociais
Alfredo Silva, primero pola esquerda, durante a súa participación nas xornadas de onte | Ep

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) incorporará á historia clínica dos pacientes os determinantes sociais, como a situación laboral, as condutas de risco ou os hábitos de vida, para medir o impacto que estes teñen na saúde da poboación. Desta maneira o destacou este martes o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Alfredo Silva.


Foi durante a súa participación en Madrid na xornada que organiza o Hospital Universitario La Paz, para abordar as ‘Iniciativas autonómicas vinculadas aos determinantes sociais da saúde’.

 

Análise de variables


Durante a súa intervención, da que informou o Goberno autonómico a través dun comunicado, Silva puxo en valor o importante papel que xogará a Oficina Técnica de resultados en Saúde de próxima creación, que analizará estas variables, xunto con outras de carácter clínico e asistencial, e co que se conseguirá mellorar a asistencia e as tarefas de planificación sanitaria.


Do mesmo xeito, o director xeral apuntou tamén que a Xunta  de Galicia está a traballar nun novo “modelo asistencial 7P”, que se caracterizará pola súa capacidade preventiva, preditiva, proactiva, profesionalizada, participativa, personalizada e poboacional.


No transcurso da mañá de onte, o Hospital Universitario La Paz acolleu a especialistas sanitarios chegados de toda España, para profundar nas políticas sanitarias e nos retos que o ámbito da saúde debe afrontar co obxectivo de conseguir a equidade en termos sanitarios. 

O Sergas incorporará á historia clínica os determinantes sociais

Te puede interesar