Alborada de Rosalía

aberá que volver á Casa da Matanza, a Padrón. Convertida en lugar de peregrinación ao igual co Rianxo de Castelao. En algún momento propicio, haberá que volver a visitar a Casa de Rosalía. Mentres, este domingo vinte e tres de febreiro estaremos celebrando o seu aniversario por todo o país. Será unha festa pero tamén unha reivindicación do seu legado e, por riba de todo, en defensa da lingua propia de Galicia. 


Haberá en moitas casas e en moitos restaurantes ese “caldo de gloria” inspirado na súa poesía. Haberá música galega en moitas rúas coa súa “alborada” e haberá moita xente cun libro e unha flor reivindicando que seguimos a ser galegos, a pesar daqueles que máis tiñan que defender os símbolos do noso país e da nosa cultura. Benvidos á Galicia do século vinte e un. Démoslle a benvida a toda esa xente que vén de lonxe a esta terra de emigrantes. Moitos deles non retornaron xamais, pero estas novas xentes volven sobre as pegadas dos que marcharon. Por iso, permítanme dicirlles que tamén Rosalía pensa, fala e escribe cos seus acentos. Aquí a patria é matria, e escríbese con nome de muller. 


A vida, a paixón, vivir con dignidade, a modernidade, pasado, presente e futuro levan o seu nome: Rosalía.

Alborada de Rosalía

Te puede interesar

Javier García Sánchez
Manuel Cendán
Javier García Sánchez
Manuel Cendán