Alumnado de Xestión da Moda analiza con colegas canadenses a empresa elPulpo

Alumnado de Xestión da Moda analiza con colegas canadenses a empresa elPulpo
Os profesores David Olegario Peón, Cristina Anido e Manuel Escourido titorizan aos 54 estudantes do proxecto COIL | CEDIDA

Un grupo de 54 estudantes de segundo curso do grao bilingüe en Xestión Industrial da Moda, das materias Xestión contable e financieria na empresa de moda e Marketing e investigación de mercados de moda, traballan con outros 89 estudantes canadenses na elaboración dun estudo da empresa téxtil elPulpo co obxectivo de completar un plan estratéxico para facilitar a entrada da empresa galega no mercado da moda de Canadá. Baixo este suposto traballan desde o campus ferrolán e desde a Toronto Metropolitan University, nunha actividade do Proxecto COIL (Collaborative Online International Learning) que impulsa a colaboración entre dúas universidades de distintos países –tanto docentes como alumnado– a través da interacción en liña.


Os estudantes están titorizados polos profesores da Universidade da Coruña David Olegario Peón Pose, Cristina Anido Martínez e Manuel Escourido Calvo.

 

 

Seis semanas


Nas vindeiras seis semanas, o alumnado galego terá que presentarlle ao canadense a análise financieira da empresa elPulpo no marco do sector téxtil español e, xa de xeito conxunto, elaborarán despois un plan estratéxico.


As reunións de traballo realizaranse a través da plataforma Zoom e está previsto que nelas participe tamén Mónica Morán, Global Sales Management da empresa galega, que colabora con esta e con outras iniciativas que parten do grao de Xestión Industrial da Moda, implantado no curso 2018/19.


A compañía elPulpo destaca pola súa aposta pola sustentabilidade e a responsabilidade ambiental no seu proceso de produción, indican desde o Campus. Eliminación de plásticos nos elementos de empaquetado, a elección de algodón certificado e orgánico case na súa totalidade, a fabricación en talleres de proximidade, o uso de fío e tecidos reciclados ou a incorporación de elementos naturais ás súas prendas forman parte deste compromiso, que inclúe tamén o emprego de vexetación autóctona ou de mobiliario elaborado con madeira de batea reciclada.

Alumnado de Xestión da Moda analiza con colegas canadenses a empresa elPulpo

Te puede interesar